Decamerón e Cía: O xuizo da adúltera Filipa
Autores: Varios
Dirección: Decamerón e Cía
Elenco: Charo Pita (canto e conto), María Giménez (canto e percusión), Xurxo Varela (canto e viola de gamba) e Valentín Novio (vihuela)
Sinopse: Espectáculo músico-teatral no que se conxuran dous momentos, dous países, dúas músicas, dúas coleccións de contos. Por unha banda, historias do Decamerón de Bocaccio sen outra escena que a harmonía do Trecento italiano, pola outra relatos escollidos do Conde Lucanor xurdindo dende unha paisaxe pintada pola voz, a vihuela e a viola de gamba.
Decamerón e Cía nace en 1999 co ánimo de conxuntar a literatura clásica, o teatro e a poesía coa música antiga. Neste espectáculo, cunha escena núa, e valéndose únicamente da extraordinaria capacidade narrativa de Charo Pita e da forza da música en vivo interpretada con instrumentos históricos,
Decamerón e Cía intenta revivir outras épocas nas que as melodías e a voz enchían de imaxes as mentes dos homes.