Mimo - Mago Anyo: A maxia do silencio
Autor: José Ángel Casanova Orozco
Dirección:Ángel Casanova Orozco
Elenco: Mimo Anyo e axudante
Sinopse: Anyo é o principal expoñente en toda Galicia e España dun actor de mimo e maxia fusionando ambas artes nunha soa que poderíamos chamar polo tanto "mimo-maxia".
O mimo coa súa técnica visual e a maxia coa súa sorpresa e misterio fan de Anyo un personaxe cunha personalidade escénica moi definida.
A maxia do silencio é un espectáculo para todos os públicos onde se mesturan o ilusionismo, a música e o mimo , a través dunha sucesión de efectos técnicos de maxia eminentemente visuais, onde a palabra é innecesaria, e onde o público participará en determinados momentos dando aínda máis frescura e improvisación.