O Mago Teto: Perto de ti
Autor: Héctor Guerra
Director: Abracadabra Produccións, C.B.
Elenco: Mago Teto
Sinopse: A
maxia de cerca realízase cos espectadores a curta distancia do mago. Require gran precisión e moita psicoloxía. Reúne as características máis axeitadas para crear a atmósfera máxica e facer sentir a emoción do misterio. A intimidade, a proximidade e o control absoluto polos espectadores son as súas características máis acusadas.
Perto de ti é o nome do espectáculo de maxia de cerca do Mago Teto. Pequenos obxectos que fan posíbeis grandes milagres: cartas que cobran vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha mirada…, son algunhas das cousas que poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.
Espectáculo pioneiro en Galicia co emprego das técnicas audiovisuais necesarias para que o espectador goce dun show de maxia de cerca en teatros, auditorios…