Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Luis Boyano: Asombrosamente incríbel

Autor: Luis Boyano
Director: Luis Ángel Vázquez López

Elenco: Luis Boyano (mago, mimo e actor) e Florencia Cidre (actriz)

Sinopse: Luis Boyano, acadou o premio Nacional e Mundial da Maxia coa recuperación dun xogo do século XIX: A Cabina dos espíritos. Este é o xogo central sobre o que xira este espectáculo didáctico dunha hora de duración, onde os rapaces poden facerse unha idea do que é o mentalismo, os efectos de adiviñación, premonición ou telepatía. O público participa activamente para analizar o material, escribir as preguntas que logo se adiviñarán ou vendar os ollos. Ao final do espectáculo terá lugar un debate, no que se lle explicará aos nenos onde se forma un mago, o que se ten que estudar, etc.

Datas anteriores

25 de febreiro
/// 18.00

Casa Dopeso
AS PONTES

16 de febreiro
/// 20.30

Centro Cívico Cultural
ARTEIXO