Tanttaka Teatroa: O florido pensil
Autor: André Sopeña Monsalve
Director: Fernado Bernués e Mireia Gabilondo
Elenco: Kike Díaz, Julio Perrugoria, Patxi González, J.Ramón Soroiz, Sorion Eguideón
Sinopse:
O florido pensil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica realidade do sistema educatico que dominou a España da posguerra. Os seus protagonistas irán amosándonos un fresco no que se sucederán os escenarios da acción. En primeiro lugar a escola-centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista, e máis tarde o resto das tribunas dende onde o réxime mandaba os seus sinais de apoio: o cine de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa, representada por un TBO.
Sen dúbida este repaso a nosa infancia resultaría coxo senón incluíse unha boa dose de cancións, sintonías, NO-DOS e outros elementos que caracterizaron o caldo de cultivo da nosa educación sentimental.