Teatro Español de Madrid: Romeo y Julieta
Autoría: Shakesperare
Dirixe: Olga Margallo
Elenco: Victor Ullate, Marina Raggio, Rosa Clara García, Ivan Villanueva, Victor Gil, Manuel Mata, Celia Vergara.
Audiovisual: Petra Martínez e Juan Margallo.
Sinopse: Durante o transcurso da trama que Shakespeare vai escribindo e inventado no acto, nesta mesma pantalla en directo, van aparecendo en diversos momentos as figuras dun vello e unha vella que a modo de narrador, axudan ao espectador a comprender a historia entre a familia dos Capuleto e os Montesco. Todos os personaxes que van aparecendo no escenario, actúan, se moven e falan sempre guiados e manipulados por Shakespeare, que sube e baixa do escenario, move a escenografía, pide cambios de iluminación, música determinados para cada momento… Pero é Xulieta o primeiro personaxe que pide explicacións ao seu propio autor e acaba discutindo con el por non estar dacordo co que Shakespeare escribiu.
Pouco a pouco e en clave de comedia, todos os personaxes van decatándose de que tampouco eles están dacordo co seu papel, coas súas palabras, coas súas propias vidas…
Finalmente Romeo e Xulieta enfróntanse co seu autor e escapan do tráxico final que este lles ten preparado.
Xusto antes da canción final, os anciáns do principio teñen unha moi boa noticia que darnos…