San&saN: Bar
Autoría: San & San
Dirección: San & San
Elenco: Pablo Sánchez, Carlos Sante e Joaquín Domínguez
Sinopse:
Bar (é un espectáculo en fase de produción, logo do éxito na súa preestrea en formato de sketches no Forum Metropolitano da Coruña o 14/10/05, e da emisión dalgúns deles en antena no programa Luar da TVG). Pretende ser un reflexo do que somos, podemos chegar a ser ou quixeramos ser dentro dun bar. Un xogo de personaxes, actitudes, e situacións que todos nalgún momento das nosas vidas puidemos contemplar con asombro e mesmo vivir diante ou detrás da barra dun bar. Un espectáculo cómico á vez que patético sobre a condición humana. Un espello cotián onde pode ver ese pedazo de barra que todos levamos dentro. "Tómalle unha, que pagho eu!"