Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro Arca: Asesinos anónimos

Autoría: Enrique Sánchez e Jesús Roche
Dirección: Txema Pérez

Elenco: Vicente Gil, Ramón Enrich e Jesús Roche

Sinopse: Unha comedia negra onde o humor, a ironía e a participación do público dánse da man. O espectáculo está realizado con ilustracións de cómic en retroproxección de Félix Vega.

"Josep Plá decía que non convén ir ao médico porque sempre te atopa algo. E non lle convén a vostede ver esta obra. Sempre descubrirá que no seu interior hai agachado un asasino" Gonzalo Ledesma (escritor).

Asesinos anónimos fixo tempada en Barcelona, Villarroel e Granollers, actuacións en Granada, Portugalete, Castellón, Sueca, Torrevieja, Badajoz, Lleida... Está en circuíto coa Red de Teatros de Extremadura.

Está á venda un cómic baseado na obra do mesmo nome, editado por Planeta Agostini.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

24 de marzo
/// 22.00

Multiusos da Xunqueira
REDONDELA

23 de marzo
/// 20.30

Teatro Jofre.
FERROL

3 de febreiro
/// 20.00

Auditorio Municipal.
NARÓN

28 de xaneiro
/// 19.00

Forum Metropolitano.
A CORUÑA

26 de xaneiro
/// 21.00

Auditorio Municipal
VILAGARCÍA

25 de xaneiro
/// 20.15

Edificio Multiusos
MONFORTE

19 de xaneiro
/// 21.00

Auditorio Municipal Lauro Olmo
O BARCO