Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Noroeste: Imperial. Café cantante

Autor: Eduardo Alonso
Director: Eduardo Alonso

Elenco: Carlos Mosquera, Inma Antonio, Luma Gómez, Miguel Pernas, Mon Orencio, Xavier Estévez, Xan Casas, Brandán Lourenzo, Xosé Vilarelle e Maxo Barjas

Sinopse: Nos convulsos anos 30: Cando en Europa emerxen os fascismos: Mussolini en Italia, Hitler en Alemaña ou Salazar en Portugal. Cando en España goberna a Fronte Popular. Cando Galicia debate o seu primeiro Estatuto de Autonomía. Cando o Celta, despois dunha brillante temporada, sobe por primeira vez á División de Honra: O Imperial, Café Cantante, trata de superar a competencia dos outros dous cafés cantantes de Vigo contratando unha cantante portuguesa especialista en fados: María das Neves. O seu debut congregará no café a flor da noite viguesa. Vigo, cunha porta aberta ao mar Atlántico e outra a Portugal, é, nestes anos, un fervedoiro de estrañas personaxes e múltiples actividades, como a Casablanca de Bogart nos primeiros anos 40.

Pero o 14 de xullo dese ano de 1936, acontece en Madrid o secuestro e asasinato do deputado dereitista D. José Calvo Sotelo e, catro días despois, estala a guerra fratricida máis cruenta e sanguinaria da historia de España.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

16 de febreiro
/// 21.00

Auditorio Municipal Lauro Olmo.
O BARCO

1 de febreiro
/// 21.00

Auditorio Municipal.
VILAGARCÍA

27 de xaneiro - 28 de xaneiro
/// 20.30

Auditorio Municipal.
VIGO

26 de xaneiro
/// 21.30

Teatro Principal.
A ESTRADA

21 de xaneiro
/// 19.00

Teatro Rosalía de Castro.
A CORUÑA

20 de xaneiro
/// 20.30

Teatro Rosalía de Castro.
A CORUÑA

13 de xaneiro
/// 20.00

Auditorio Municipal.
NARÓN

12 de xaneiro
/// 20.30

Auditorio Municipal.
NARÓN