Berrobambán Teatro: Buh!
Creación colectiva
Dirección: Paula Carballeira
Duración: 50 m.
Público: A partir de 6 anos
Quen non pasou unha noite de medo? A quen non lle gusta compartir o medo cos amigos e coas amigas, sentir as cóxegas no estómago, os arrepíos nas costas? O medo adoita ser máis poderoso ca nós, o medo gaña case sempre todas as batallas, vólvennos criaturas pequenas e indefensas. Pero, que acontecería se ao medo lle puxésemos un nariz de pallaso? Pode o medo rir de si mesmo? Podémonos rir do medo? Por suposto. Ademais é moi probable que, cando riamos del, o medo se volva unha criatura pequena e indefensa. E todo por lle poñer un nariz de pallaso.