Sapristi: Unha merenda de Alicias
Teatro Infantil de Nadal
Dramaturxia e dirección: José Campanari
Adaptación libre de textos de L. Carrol a través da pluma de J. Campanari
Duración: 55 m.
Público: A partir de 5 anos
Dúas actrices, unha boneca e un espello representan a Alicia.
O día catro, ás seis, segundo din os reloxos do xogo, estas Alicias xúntanse para merendar. Primeiro poñen a mesa e logo agardan aos convidados.
As actrices, os bonecos e os obxectos, propios dunha mesa posta para a merenda, interaccionan entre eles dando lugar a situacións e personaxes da obra de Carroll. Flores que falan dos seus medos, Humty Dumpty e os seus regalos de in-aniversario, o coello branco que sempre está apurado porque chega tarde, e até a mesma Raíña de Corazóns disposta a cortarlle a cabeza a quen a contradiga.
Unha merenda de Alicias que ten algo do xogo infantil das visitas e moito da merenda de tolos.