Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Disque Danza: Menú vexetal

Teatro Infantil de Nadal

Idea: Alfredo Rodríguez con textos de Paula Carballeira
Dirección: Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez

Danza contemporánea

Duración: 55 minutos
Público: A partir de 5 anos

DÁME VERDE
A cor verde non é unha cor aburrida. Ninguén diría iso. A verde é a cor da paisaxe con boa saúde, da esperanza nova, do mar cheo de algas. Verde é a vida. Verdes son os ollos dos gatos negros, que anuncian misterios. Verdes son as herbas que curan e as herbas que matan. Verde é a cor da maxia da menciñeira. Daquela, por que a verde é a cor da comida aburrida?, por que a verde non é a cor da comida que anuncia misterios, a comida con maxia, a comida que pide aventura?
Eu dígoche: dáme verde e comezará a festa.
Eu dígoche: dáme verde e comezará o baile.
Eu dígoche: dáme verde e as aparencias terán que disfrazarse.

Datas anteriores

28 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 6 euros. Bono de 5 entradas: 25 euros