Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Achiperre Teatro: Enrique 5º

Teatro Infantil de Nadal

Autor: Ignace Cornelissen
Dirección: Marcelo Díaz

Versión libre do texto teatral de Shakespeare

Público: A partir de 8 anos
Duración: 60 m.

Sendo moi novo, Enrique V convértese en rei de Inglaterra. Descubre que o seu país está na bancarrota e a facenda valeira. No pazo, todo é unha ruína: a calefacción estragada, as tubarias avariadas, a pintura e os goteos... E, ademais, chove no dormitorio. Alí lee un vello libro e descubre que Francia, segundo leis antigas, pertenceu en épocas anteriores á rica e poderosa Inglaterra.
Así, decide visitar Francia e pretender á filla do seu rei. Pero o soberano morre durante a visita de Enrique. Ninguén o escoita, a princesa rexéitao e, por riba, aparece un competidor ao trono e á princesa. Enrique anóxase tanto que declara a guerra a Francia. O pretendente tamén se anoxa e declara a guerra a Ingalterra, e entón...
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

26 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 6 euros. Bono de 5 entradas: 25 euros