Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro Nacional São João: Woyzeck

Autor: Georg Büchner
Director: Nuno Cardoso

O TNSJ de Porto preséntase por primeira vez en Galicia con Woyzeck, a peza inconclusa e póstuma de G. Büchner sobre a historia real de Joham Christian Woyzeck, un humilde soldado cobaia dun experimento científico, que no ano 1821, nun ataque de celos, é impulsado por unhas "voces subterráneas" a asasinar á muller coa que convive na cidade de Leipzig.

Á fronte desta produción está Nuno Cardoso, unha das figuras emerxentes da nova dirección escénica portuguesa que, rodeado do seu habitual equipo de colaboradores, fai unha nova proposta para a lectura de Woyzeck.
Reparto
António Júlio Carlos, o parvo; Soldado
Cátia Pinheiro Maria
Daniel Pinto Charlatan; Estalajadeiro; Soldado
Fernando Moreira Capitán; Barbeiro; Soldado; Coro da Estalagem
Hugo Torres Doutor; Estudante; Soldado; Coro da Estalagem
Marta Silva Nena; Catarina
João Miguel Melo André; Segundo Artesán–Aprendiz; Coro da Estalagem
Luís Araújo Xudeu; Primeiro Artesán–Aprendiz; Segundo Artesán–Aprendiz; Soldado; Coro da Estalagem
Miguel Rosas Sarxento; Primeiro Artesán–Aprendiz; Coro da Estalagem
Nuno Cardoso Franz Woyzeck
Patrícia Brandão Margarida; Vella; Avó; Coro da Estalagem
Paulo Moura Lopes Tambor-mor; Coro da Estalagem

Tradución
João Barrento

Escenografía
F. Ribeiro

Vestiario
Teresa Azevedo Gomes

Música orixinal
Sérgio Delgado

Deseño de iluminación
José Álvaro Correia

Movemento
Marta Silva

Preparación vocal
Magna Ferreira

Asistente de dirección
Victor Hugo Pontes

Xefa de produción
Maria João Teixeira

Produción executiva
Liliana Oliveira

Fotografía
João Tuna

Xénero: Drama

Duración: 1 hora e 45 minutos

Datas anteriores

21 de decembro - 22 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 euros (desconto do 50% para estudantes, maiores de 65 anos e desempregados). Venda de entradas no despacho de billetes dende dúas horas antes do comezo da función