Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Fila 7: Lorca eran todos

Autor e director: Pepe Rubianes

"Lorca eran todos" é unha homenaxe á figura do gran poeta e a todos aqueles demócratas que correron igual sorte (morte por fusilamento) na nosa guerra civil.

O espectáculo está planeado como teatro-documento a partir de textos de Agustín Penón, Ian Gibson, Eduardo Molina Fajardo e José Luís Vila Sanjuán, historiadores que traballaron o misterio da morte do poeta achegando algo de luz a aquelas datas sinistras que seguiron aos 38 anos de vida dun dos poetas máis universais da lingua castelá.

O traballo consta de 10 actores e unha bailarina que dan vida aos diferentes personaxes do "vía crucis" lorquiano: Lorca en Madrid no 36, Lorca en Granada nas mesmas datas, Lorca ameazado, Lorca escondéndose na casa do poeta Luís Rosales, detención e morte.


Pepe Rubianes
Reparto
Esteban Labarri Luís Rosales
Alejandra Jiménez Federico García Lorca
Jonatan Minaya Narrador, Luís Valdés Escobar
Maite Molina Narradora, Margarita Xirgu
Eloi Benet José Caballero, Pablo Neruda, José Rosales
Marian Bermejo Isabel García Lorca
Xesús Brañas Rafael Martínez Nadal, Ramón Ruiz Alonso
Ainhoa Roca Emilia Llanos
Silvana Pérez Esperanza Rosales
Emili Pere Miguel Rosales
Laura Galán Bailarina, encarna á Morte

Axudante de dirección
Cristina Dilla
Pep Molina


Asesor de espazo escénico e vestiario
Antonio Belart

Deseño de iluminación
Josep Parramon

Produtor
Toni Coll

Produción executiva
María Rosales

Deseño gráfico
Raff

Produción
Fila 7

Duración: 85 minutos

Xénero: Drama

Datas anteriores

16 de decembro - 17 de decembro
/// 20.30 - 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Sábado: 10 euros (desconto do 50% para estudantes, maiores de 65 anos e desempregados). Domingo: 5 euros / Venda de entradas no despacho de billetes dende dúas horas antes do comezo da función