CDN e Uróc Teatro: El señor Ibrahim y las flores del Corán
Dirección: Ernesto Caballero
Versión teatral de Ernesto Caballero do relato de Eric-Enmmanuel Schmitt
¿Podemos imaxinar un futuro de concordia entre Oriente e Occidente? Esta é unha das grandes inquedanzas do noso tempo. Pero vaiamos máis aló: ¿Como é posible que en pleno século XXI non sexamos capaces de superar esta cuestión? Peor aínda, hoxe máis que nunca vivimos baixo a ameaza de fanatismos de todo signo que negan o encontro entre culturas e nos arrastran pola senda da violencia. Porén, temos aquí un texto que reconcilia ao home consigo mesmo e demostra que a coexistencia non só é posible senón tamén enriquecedora.
El señor Ibrahim y las flores del Corán conta a amizade entre un solitario e reflexivo tendeiro árabe, o señor Ibrahim, e o inquedo adolescente xudeu Momó. Enmarcada no París dos anos sesenta, a íntima relación que se establece entre ambos personaxes simboliza de xeito maxistral o encontro entre culturas e difunde con tenrura e humor unha mensaxe de tolerancia, diálogo e mutua comprensión.
Coprodución do Centro Dramático Nacional (CDN) e Uróc Teatro