Guadi Galego e Guillermo Fernández: Espidos
Directores: Guadi Galego e Guillermo Fernández
Intérpretes: Guadi Galego, voz; Guillermo Fernández, guitarra acústica e sintetizada
Neste concerto Guadi Galego e Guillermo Fernández, dous membros de Berrogüetto, forman un dúo, sinxeleza sonora, alta calidade vocal e acústica, voz e guitarra. Destaca a traballada voz de Guadi en todas as cancións con ritmos melancólicos, ledos e novos camiños non escoitados.