Pablo Nojés e Páprika: Que pasa na praza?
Autores: Pablo Nojés, Andrés Goldstein
Directores: Pablo Nojés, Héctor Presa
Elenco: Pablo Nojés e Páprika
Público: Todos os públicos
Sinopse: Un xograr presenta unha galería de personaxes que xogan diferentes historias no ámbito dunha praza: Un pallaso que loita por poñer o nariz e que se namora dunha flor; un concertista de frauta traveseira e a inesperada interrupción dun ximnasta; un vendedor de mel que caza sons no seus frascos. Os títeres: presenta formalmente estes cadros o Mestre Doménico Gargantoni, cantante lírico, quen debe superar, con paciencia, as reiteradas interrupcións do señor Anselmo, un espírito cándido cheo de avidez polo coñecemento, co que os nenos poderán identificarse.