Berrobambán Teatro: Diariamente
Autoría: Colectiva
Director: José Campanari
Elenco: Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Teresa Rodríguez, Manolo Vázquez
Público: Todos os públicos
Sinopse: Ler o xornal, lavar os dentes ou almorzar xa nunca che parecerán accións aburridas despois de ver esta obra colorista onde catro clowns transforman nun xogo as actividades que facemos todos os días. Estes catro personaxes, co seu humor sen palabras, crean situacións sorprendentes e divertidas con obxectos e accións cotiás. Berrobambán presentou este espectáculo no XIV ASSITEJ (Asociacion Internacional para o Teatro Infantil e Xuvenil) Festival, que se celebrou en Seúl en 2002 e en maio de 2005.
Diariamente realizou unha xira de trinta funcións por algúns dos festivais máis importantes do Canadá.
Berrobambán Teatro é a compañía galega con maior traxectoria no teatro infantil de actores en Galicia cun total de catro espectáculos destinados ao público infantil.