Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro Buratini: Palabras de Caramelo

Autor: Gonzalo Moure
Dirección: Pablo Suárez e Larraitz Urruzola

Elenco: Larraitz Urruzola e Mirari Urruzola

Público: Infantil

Sinopse: Un espectáculo de teatro e monicreques de variña sobre a mesa e sombras que, cunha interpretación apoiada na linguaxe de signos e cunha escenografía que ambienta o deserto alxerino, fala da amizade, da poesía, das outras vías de comunicación, dos refuxiados, da morte e da superación de todas as dificultades, individuais e colectivas.
Palabras de Caramelo conta a historia da amizade entre Kori, un neno refuxiado saharaui que é xordo, e un camelo chamado Caramelo. Kori é quen de imaxinar preciosas poesías nos beizos de Caramelo, circunstancia que esperta nel o desexo de aprender a escribir e comunicar esta fantástica experiencia. Así, e superando todas as adversidades, Kori convértese nun gran poeta recoñecido polo seu pobo.

Datas anteriores

22 de decembro
/// 18.00

Auditorio Municipal
VILAGARCÍA DE AROUSA