Crystyan Magic: A maxia do Nadal
Autor: Chrystyan Magic
Elenco: Manu Fraga, Sonya Lago, un colaborador, unha colaboradora
Público: Todos os públicos
Sinopse: Espectáculo pensado para a época máis máxica do ano: o Nadal. Á fantasía e ilusión do espectáculo de maxia de Chrystyan Magic súmase o máis entrañable personaxe destas datas: Papá Noel, que nos visitará dende moi lonxe para facer realidade todos os desexos do público asistente, e xunto coas súas axudantes as Mamá Noel farán as delicias de grandes e pequenos, para festexar un Nadal inesquecible con moitas, moitas sorpresas!