Il Vecchio Borgo: Música acuática e Música para os Reais Fogos Artificiais
Programa Redesons Clásica
Director: Timor Sadykov
Intérpretes: Victoria Jurov, violín; Timor Sadykov, violín; Natalia Madisson, viola; Andrei Sobolev, contrabaixo; Rupert Twine, clave
As suites de Haendel é a clásica sucesión de danzas de orixe popular, pero elevadas á categoría de música culta dende o momento en que non se destinan ao seu primeiro obxectivo senón que pasan a ser música para escoitar. A
Música acuática, pensada para unha grande orquestra de arredor de 50 músicos, con profusión de instrumentos de vento-metal e vento- madeira, foi composta para acompañar ao rei Xurxo I de Inglaterra nos seus habituais paseos en barca polo Támesis.
En 1749, o rei Xurxo II encargou a G.F. Haendel a composición dunha obra para a celebración dun tratado de paz con Prusia na que o prato forte sería un gran castelo de fogos de artificio para todo o pobo de Londres. A
Música para os Reais Fogos Artificiais estreouse no Green Park ante máis de doce mil espectadores.