Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Jazzoline Class: Violín e jazz

Programa Redesons Jazz


Director: Nikolay Velikov

Intérpretes: Nikolay Velikov, violín; Rupert Twine, piano

O nome de Jazzoline Class describe a historia de dous músicos profesionalmente procedentes de contornos moi diferentes e que o destino fixo que se atoparan residindo en Galicia. O dúo aglutina o clásico e o jazz e fai conversar ademais a tradición da formación musical da Europa do Leste coa da Oeste. Na súa actuación reviven os clásicos do jazz que comprenden os compositores máis destacados ata os anos 60, cubrindo os estilos de ragtime, New Orleans, blues, swing, bossa... Este dúo segue a tradición dos violinistas de jazz Stephane Grapelli e Joe Venutti, xa finados.

Datas anteriores

2 de decembro
/// 20.00

Salón de Actos da Casa da Cultura
XOVE