Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Roberto Somoza Cuarteto

Programa Redesons Jazz


Director: Roberto Somoza

Intérpretes: Carlos Bastón, batería; Alfonso Morán, contrabaixo; Roberto Somoza, saxos; Manuel Gutierrez, piano

Roberto Somoza é na actualidade un dos artistas galegos con maior proxección. Excepcional frautista e saxofonista, participa como integrante en diversas formacións de corte diverso, entre as que destacan Susana Seivane, Uxía, Clunia Jazz, Marcos Teira Cuarteto…, afondando definitivamente no terreo do jazz máis europeo. Vén de actuar nos máis prestixiosos festivais de jazz de Galicia (Imaxinasons, Festival de Jazz de Lugo) e mesmo da península (Festival de Jazz de Donosti). Toda esta bagaxe permítelle sacar á luz o seu primeiro traballo Regra de Tres, publicado por Xingra e co que obtén excelentes críticas.

Datas anteriores

24 de novembro
/// 20.00

Casa do Poeta Manuel María
FOZ