Sol de Farofa
Programa Redesons Jazz
Dirección: Sol de Farofa
Intérpretes: Najla Shami, voz; Héctor Lorenzo, guitarra e voz; Quim Farinha, violín
Malia do pouco tempo de existencia de Sol de Farofa, xa é toda unha realidade, como testemuñan as inmellorables críticas que reciben nos seus concertos. Un grupo que fusiona jazz, bossa nova e folk, amparándose na fantástica voz de Najla Shami, a base rítmica da guitarra de Héctor Lorenzo e a súa cálida voz e os arranxos de violín que achega Quim Farinha (compoñente de Berrogüeto). Á espera da próxima gravación do seu primeiro traballo discográfico, son unha aposta segura grazas á grande empatía que logran co público. É un espectáculo íntimo e sinxelo onde é ingrediente esencial a sensibilidade dos compoñentes e a do público, coa que trazar unha ponte que facilite a comunicación e o goce.