Ballet Jesús Quiroga: Valle rosa
Programa Rededanza
Dirección artística e coreografía: Jesús Quiroga
Intérpretes: Jesús Quiroga, Ana Belén Ferreiro, Iris Pintos, Eva Faraldo
Compositor musical dos poemas: Juan Durán
Público: Adulto
Sinopse: Valle Rosa preséntase en dous actos. O primeiro,
Valle, baseado na poesía de Rosalía de Castro, da súa obra
Cantares Gallegos, onde Galicia é a alma enteira chea de esperanza e xuventude propia da vida que comeza, neste caso acompañada polas súas compañeiras e sucesoras literarias como son Luz Pozo, Marina Mayoral e Eva Veiga.
Rosa, o segundo acto, inspírase na obra poética de Rosalía, neste caso en
Follas Novas, onde a poetisa expresa que o sol da vida é o mesmo que ilumina o mundo que habitamos, que non loce nos seus albores da mesma sorte que cando vai poñerse tristemente envolto entre as nubes do postreiro outono.