Disque Danza: Menú vexetal (dáme verde)
Programa Rededanza
Dirección artística: Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez
Coreografía: Carmela Bueno
Intérpretes: Paula Cobián, Patricia Tobío, Olivia Maté, Carmela Bueno, Ursía Gago
Público: Infantil
Sinopse: Menú vexetal conta a historia dunha señora que vai comer a un restaurante, e a presentación deste personaxe é o punto de partida para a trama. Seguidamente introdúcense as bailarinas, como personaxes que representan as verduras, as froitas e as legumes. Pese á súa reticencia inicial a aceptar os pratos simbolizados polas pezas coreográficas, finalmente a protagonista dáse conta dos beneficios destes alimentos e da cantidade de posibilidades que ofrecen para degustar un delicioso menú.