Compañía do Trinke Trinke: Os soños na gaiola
Autor: David Pernas
Director: David Pernas
Elenco: David Pernas, Vanesa Rivas
Público: Infantil
Sinopse: Espectáculo homenaxe ao poeta Manuel, nel dáse a coñecer o seu libro de poemas para nenos
Os soños na gaiola.
Nun piso dunha cidade, sentado nunha cadeira de brazos, dorme un velliño que ata hai pouco vivía na súa aldea. Para que non estivese só, a súa filla levouno a vivir con ela. Pero a realidade é que o vello pasa case todo o tempo só. Un día recibe, por sorpresa, a visita da súa neta (xa moza). Os dous van lembrar, a través dos obxectos gardados nun baúl e dos poemas de Manuel María, a pasada vida na aldea.