Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Creacións Máxicas: Armas baixo control


Autor: Xoán C. Laxe

Director: Mago Antón

Elenco: Mago Antón, Ángel Casanova, Sara Alonso, Xesús Alvariño, Xosé Manuel Carballo, Alfonso Hernández.

Público: Todos os públicos

Sinopse: A sombra dunha vítima escapa, ante a mirada do público, dunha chuvia de disparos. Só a maxia pode converter o chumbo en flores. Todo isto e máis acontecerá en Armas baixo control.
O mago Antón demostra ao longo do espectáculo que a maxia da solidariedade é forte dabondo para virar o futuro e facer que onde había armas haxa ilusións, onde morte,
luz… Converter o sangue derramado dos inocentes en auga limpa; e mesmo enfrontarse a peito descuberto a unha bala asasina que atravesa unha copa de vidro antes de a deter
cos seus propios dentes. Velaquí o camiño que fará que un día chegue a apoteose da paz: conseguir que das armas só saian pompas de xabón. Imaxinemos un mundo sen armas.
Un soño? Un soño máis do mago Antón.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

17 de decembro - 18 de decembro
/// 19.00 - 11.30

Teatro Rosalía de Castro
A CORUÑA