Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Noroeste: A tixola polo mango


Autora: Lola Correa

Directora: Lola Correa

Elenco: Luma Gómez

Público: Adulto

Sinopse: É un monólogo no que se sente a rabia feminina case que sen apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal. Ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa avoa… ou mesmo a nosa nai.
O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina. Se elas tiveran o que nós, que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saír até as tantas, estariamos nós, os seus fillos, aquí...? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira. Pero, ás veces, hai que dicir: "Basta!"
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

25 de novembro

Casa da Cultura do Esteiro
VILANOVA DE AROUSA