Balea Branca: Defensa de dama
Autores: J. Hinojosa, I. Carmona
Director: Dami Contreras
Elenco: Pepe Barreira, Begoña Herbella, Dami Contreras
Público: Todos os públicos
Sinopse: Espectáculo de alta repercusión social e actualidade que fala da violencia doméstica e o maltrato… A historia que se conta é a dunha muller casada que é maltratada polo marido. Como consecuencia dunha brutal malleira recibida, o marido vai á cadea por un período de tres anos. Mentres tanto María vive co seu pai Ulises, que está gravemente enfermo… O marido sae do cárcere e regresa á casa. A muller, angustiada polo que lle poida facer o marido, terá que tomar a decisión da súa vida.