Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

The Pinga Teatro: Urbe v.0.2


Autor: Miquel Condal, Jesús Pando

Director: Pedro Rentería

Elenco: Miquel Condal, Suso Pando, César Aldea

Público: Xuvenil e adulto

Sinopse: Comedia surrealista na que o espectador é un viaxeiro imaxinario conducido por tres guías, Josi, Fonsi e Neno —con contrato en prácticas—, o miolo da cidade; nesta "ola a presión" atoparémonos con tres homes da plebe, un catalán, Pere Brut, un brasileiro, Susinho de Morais, e un galego, "O Tapas", tres buscavidas do asfalto, loitadores na procura dun sorriso. Por riba das súas crenzas, da súa filosofía de vida e dos seus prexuízos, está a súa amizade. Na loita diaria por sobrevivir, atópanse con outros personaxes, amosándonos as diferentes facianas dun único prisma: a sen razón. Unha reflexión chea de humor sobre os tres piares que moven o mundo: a saúde, os cartos e o amor…

Datas anteriores

18 de novembro

Auditorio Municipal Lois Tobío
GONDOMAR