Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Arela das Artes: As que matan o sono (a partir de textos de Macbeth)


Autor: W. Shakespeare

Director: Carlos Álvarez-Ossorio

Elenco: Diana Mera, Marta Pérez, Charo Pita

Público: Adulto

Sinopse: Que ou quen son as chamadas "bruxas" de Shakespeare? Que poden significar hoxe en día? Para nós, son personaxes moito máis cotiáns do que poderían parecer… Situámonos no punto de vista mesmo destas tres mulleres (pezas chave dunha das traxedias máis fascinantes, sanguentas e misteriosas que se teñan escrito nunca), desde unha perspectiva contemporánea. Un proceso de investigación que nos leva a enfrontarnos a tres mulleres na intimidade da súa casa, aos textos de Macbeth, para revivilos na actualidade, atopando o xeito de purgar a súa propia traxedia persoal: a violencia do dominio masculino.

Datas anteriores

17 de novembro
/// 21.00

Auditorio Municipal
VILAGARCÍA DE AROUSA