Talytakumy: Os contracontos de Talyta
Autoría: Talytakumy
Dirección: Talytakumy
Elenco: Joshua Mc Carey, Paulina Alonso
Público: Infantil
Sinopse: Talyta e Kumy chegan ao sitio crendo que se atoparán cunha festa para velliños da terceira idade. Cando saen da súa caixa máxica, para a súa sorpresa, atopan nenos e, sen saber que facer, deciden decontado saír do apuro converténdose en pequenos monicreques que narrarán os contos clásicos infantís, pero axiña se darán conta que o seu elenco de personaxes, un tanto disparatados, darán volta aos seus propios contos en "contracontos": a bruxa de Brancaneves comerá a mazá, a Carapuchiña Vermella levará o lobo á casa da súa avoa para cear... Como sempre, Talyta e Kumy tráennos o seu mundo
talytacomiano, cheo de sorpresa, diversión, parodia e frescura para todas as idades.