Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Títeres Trompicallo: Nadarín

Autora: Cristina Ferrirós
Director: Plamen Dopchikov

Elenco: Marian González, Luis González

Público: Infantil

Sinopse: Un creador que recorta figuras de papel introdúcenos no fondo do mar a través do noso protagonista: Nadarín. El mergúllanos nun mundo acuático cheo de habitantes das profundidades, pequenos peixes, centolas, ostras, cabaliños do mar, baleas… Nesta paisaxe submarina Nadarín e o seu amigo, xogando, extraen a perla dunha ostra e provocan a aparición do Peixe Enorme. A súa forza destrutiva é capaz de separar e dividir os pequenos peixes para devoralos. A vida no mar perde o seu equilibrio e prodúcese o caos. O Peixe Enorme persegue sen tregua a Nadarín. Así non se pode vivir, é necesario buscar unha solución.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

11 de maio
/// 20.00

Casa da Cultura Ramón Martínez López
BOIRO

13 de abril
/// 20.30

Casa da Cultura
SAN SADURNIÑO

4 de abril
/// 18.00

Auditorio Municipal
VILAGARCÍA

17 de marzo
/// 18.00

Auditorio Municipal
VIGO

28 de decembro

Auditorio Municipal Gustavo Freire
LUGO

10 de novembro
/// 12.00 - 18.00

Casa Dopeso
AS PONTES