Títeres Cascanueces: O astrólogo, María e a pócima marabillosa
Autor: López Ocón, J. Villafañe
Director: Lázaro Duyos
Elenco: Lázaro Duyos, Borja Lema, Manuel Lousas
Público: A partir de 5 anos
Sinopse: O vello astrólogo, no seu gabinete, co telescopio consulta os astros, persegue cronopios… e ademais asexa veciños. Ata que chega María, da que se namora perdidamente. Lucifer tenta ao astrólogo coa eterna xuventude, pois a morte róndao. Unha beberaxe acabará por ser a solución.