Leilía: Son de Leilía
Pandeireta e voz: Felisa Segade Otero, Patricia Segade Otero, Ana Rodríguez Gómez, Mercedes Rodríguez Vázquez, Montse Rivera Crespo
Son de Leilía é unha proposta nova, creada por Leilía coa colaboración de Ana Vallés, que celebra os quince anos que o grupo leva sobre os escenarios. Ao longo da súa traxectoria, foron moitas as anécdotas e historias que as súas compoñentes viviron xuntas, foron moitos os acontecementos que lles influíron e lles imprimiron o seu carácter diferenciador. Son vivencias que afectaron ao grupo, pero tamén a todas e cada unha delas, e pensaron: por que non amosarlle ao público estas realidades, por que non establecer aínda unha maior complicidade cos seguidores, por que non ensinar unha cara máis íntima...? E así foi como xurdiu
Son de Leilía.
Nesta ocasión, a música vai da man do teatro e do humor, para facerlle chegar ao público o que realmente son, cinco mulleres moi diferentes, con cadansúa vida privada pero que teñen en común un
Son de Leilía que as identifica e caracteriza.