Teatro de Ningures: Misericordia
Autor: Benito Pérez Galdós
Director: Etelvino Vázquez
Elenco: Sonia Rúa, Santiago Cortegoso, Mónica Camaño, Casilda García, María Bañobre, Salvador del Río, Mundo S. Villalustre, Francisco Paredes, Paulo Serantes
Público: Adulto
Sinopse: Benito Pérez Galdós lévanos en
Misericordia a unha viaxe polos estratos máis baixos do Madrid do século XIX, aínda que nós estamos intentando falar de calquera outra cidade (Santiago, por exemplo) e dun tempo moito máis próximo a nós: o presente. Nesta obra atopamos unha espléndida parella de figuras: o moro cego Almudena e a criada Benina, que representa a exaltación da caridade, xa que se dedica a pedir polas rúas para poder manter á súa señora, sen que esta se decate das penurias que pasa.
Partindo desta parella protagonista aparece unha galería de personaxes que enriquecen a trama: mendigos, prostitutas, cregos, señoritos, etc, que van ir conformando a trama argumental. Personaxes estes que ben poderían pertencer ao imaxinario de Valle-Inclán, xa que unha das características máis definitorias e salientables da novela de Galdós é a súa similitude co esperpento.