Santart: O son da terra
Programa Redesons Clásica
Intérpretes: Anca Smeu e Irina Gruia, violín; Humberto Armas, viola; Bárbara Switalska, violonchelo.
Repertorio basicamente clásico, que se estende dende Bach, Vivaldi e Purcell, pasando por Haydn, Mozart, Beethoven ata chegar á música composta por Brahms, Tchaikowski, Shostakovich e Bártok. O repertorio inclúe tamén adaptacións e transcricións de pezas folclóricas galegas en clave clásica, que enriquecen cada concerto, amosando unha vez máis que o saber popular non ten barreiras.