Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Carmen Rey: Fuera

Programa Redesons Jazz


Directora: Carmen Rey

Intérpretes: Carmen Rey, voz; Tito José Calviño, guitarrra; Sergio Delgado, piano; Rubén Apratto, baixo; Miguel Cabana, batería.

Unha das grandes voces galegas, colaboradora habitual de artistas como Xosé Manuel Budiño, Nani García ou Clunia Jazz, compaxina as súas colaboracións co seu proxecto en solitario, que marca un antes e un despois na música galega grazas á súa fusión de jazz, funk, soul e música de baile. Todas estas influencias poden apreciarse no seu disco Fuera, no que contou coa colaboración de importantes artistas galegos como Nani García, Roberto Somoza, Xabier Diaz ou Kim García. Ao longo da súa carreira comparte escenario con Jorge Pardo, Perico Sambeat, Richie Ferrer ou Kenny Wheeler. Actualmente atópase en proceso de gravación do seu segundo disco, con temas integramente en galego.

Datas anteriores

27 de outubro
/// 22.00

Auditorio Municipal Hernán Naval
RIBADEO