Arrieritos: 13 rosas
Programa Rededanza
Dirección: Florencio Campo
Axudante de dirección: David Picazo
Idea orixinal: Elena Santonja e Patricia Torrero
Intérpretes: Montse Cortés, Antonia Jiménez, Patricia Torrero, Elena Santonja, Tacha González, Patricia Ruz, Lourdes Más, Olga Pericet, Esperanza de la Vega, Ana Romero, Mamen Godoy, Claudia Faci, Sonia González
Deseño de iluminación: Tomás Pérez,
Deseño de espazo escénico e vestiario: Ana Garay
Dirección e creación musical: Héctor González
Público: Adulto
Sinopse: As trece rosas é un dos feitos históricos máis traumáticos da represión franquista.O fusilamento destas trece mulleres quedou gravado na memoria colectiva daqueles que coñeceron o que aconteceu e pasou a formar parte do que era mellor esquecer… Despois da súa morte empezan a ser chamadas
Las trece rosas rojas.
Este dramático feito proporcionou a Arrieritos a inspiración para a realización deste espectáculo como unha pequena homenaxe a todas as mulleres que sufriron a represión franquista e que morreron en defensa dos seus ideais.
A envergadura do proxecto e o grande interese suscitado levou á compañía a formular o espectáculo como un encontro de creadoras, onde as
Trece rosas son interpretadas por actrices, bailarinas de danza contemporánea, bailaoras de flamenco, cantaoras, músicas, todas cunha gran personalidade individual e cun elemento común: son mulleres creadoras.