Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Nova Galega de Danza: Engado, ilusionistas de a pé

Programa Rededanza


Autor: Nova Galega de Danza

Directores: Jaime P. Díaz, Vicente Colomer

Elenco: Jaime P. Díaz, Vicente Colomer, Ruth Cordero, Lilianne Frías, Enma Cabañas

Música: Xosé L. Romero e Pedro Lamas

Intérpretes: José Belmonte e Miguel Castro (vibráfono), Pedro Lamas (gaita e saxo soprano), Xosé L. Romero e Suso Iglesias (acordeón), Richi Rozas (guitarra baixo), Xabier Díaz (voz, percusión miúda –shaker, pandeiro e pandeireta–), Miguel Queijas (batería, bombo, timbal, caixas, charles, aéreos e udu)

Deseño de luces: Olga García

Deseño de vestiario: Cristóbal Vidal

Deseño de maquillaxe: Lilianne Frías

Público: Todos os públicos

Sinopse: Disque o choque permanente entre a ilusión e a realidade camiña parello ao devir dos pobos. E as historias que bolen de avós a pais a fillos case sempre acubillan ese tesouro: faíscas de fantasía que aínda nos deixan soñar un anaco, vagalumes do espírito, cachiños de esperanza recollidos dunha arroutada, sen pensalo dúas veces. E para seguir vivindo facemos nosos todos eses contos de avós. A pé tecemos o camiño de doces desexos mesturados, inexorablemente, cos fíos da realidade. Os ilusionistas chegan desexosos de contar historias, de espremer ilusións polos ombreiros do público.
Nova Galega de Danza agasállanos con contos marabillosos onde hai sabor a mar e a centeo e destelos da luz do sol e da lúa; e tamén, o son e o movemento renovados da vella terra, pero vencellados a ela, máis ca nunca e para sempre.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

7 de decembro
/// 21.00

Pazo da Cultura
CARBALLO

17 de novembro

Auditorio Municipal Cine Alovi
AS PONTES

28 de outubro
/// 21.00

Pazo da Cultura
PONTEVEDRA