Matarile Teatro: Historia Natural (eloxio do entusiasmo)
Autora: Ana Vallés
Directora: Ana Vallés
Elenco: Daniel Abreu, Mariu del Amo, Helen Bertels, Antón Coucheiro, Roberto Leal, Emma Silva, Guillermo Weickert, Sergio Zearreta, Luis Soto, André Cebrián, Hugo Portas, Pablo E. Santaclara, Ramón Llatser, Eliseo Penín
Público: Adulto
Sinopse: Espazo público e espazo privado. Onde remata un e comeza o outro? O espazo como marco que condiciona o noso comportamento, público e privado. O mito da natureza como ben común. A contradición entre a destrución sen escrúpulos de espazos naturais e a declaración de espazos protexidos. A ollada de quen contempla o público dende o refuxio da privacidade. E ao revés: o xuízo social do acontecemento privado. A eterna esperanza (absurda ou tráxica) de crer que todo pode ser diferente se cambia a paisaxe, o noso espazo, "cando o bosque avance".