Santart: Búscase clown vello
Autor: Matei Visniec
Director: Teodor Smeu
Elenco: Joshua Mc'Carey, Diana Mera, Paulina Alonso, Charo Pita, Álex Fernandez, Elsa Salvador
Sinopse: Se hai un texto contemporáneo ao que se lle poida chamar "comedia", con toda certeza
Búscase clown vello é un deles. É quizais o texto máis levado á escena en varios meridianos do mundo (nos últimos dez anos foi montado en Francia, Alemaña, Italia, Polonia, EE.UU.).
O dramaturgo Matei Visniec sitúa a acción na pequena sala de espera dun
casting, onde se reencontran tres clowns entrados xa en anos. Os tres están a buscar traballo.
O reencontro dá pé a situacións extremadamente cómicas, porque antes de entrar ao casting, cada un dos clowns intenta intimidar ao seu antigo compañeiro de circo -actualmente adversario- cos novos trucos adquiridos. Para os nosos pallasos, realmente o
casting comeza moito tempo antes da hora escrita no cartel. O peculiar
casting ha tornarse nunha liña reivindicativa por un tempo pasado, de números de pallasos pasados de moda. Unha competición de lembranzas patéticas.