Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Andrómena Teatro: A porta pechada


Autor: Jean Paul Sartre

Directora: Matilde Blanco

Elenco: Miguel Abalo, Fely Manzano, Matilde Blanco

Público: Adulto

Sinopse: A través da presentación fantástica dun estraño inferno sen diaños nin lume, expón Sartre con turbadora violencia a súa visión das relacións humanas, da colisión constante das liberdades, da pugna sempre renovada das conciencias particulares. Os tres personaxes da obra, o covarde García, a lesbiana Inés e Eselle a infanticida, atópanse pechados nun cuarto, que será xustamente o seu inferno, porque están condenados a permanecer sempre xuntos, atormentándose coa súa mutua presenza. O inferno é, para cada un, os outros.

Datas anteriores

21 de outubro
/// 20.30

Forum Metropolitano
A CORUÑA