Teatro Cachuzo: Charlie's Angel's Sex
Autoras: Begoña Ferreira, Eva Gontad
Director: Carlos Losada Galiñáns
Elenco: Silvia Ferreira, Eva Gontad, Begoña Ferreira
Público: Adulto
Sinopse: Érase unha vez tres rapazas moi distintas, pero con tres cousas en común: son listas, son preciosas e traballan para un misterioso multimillonario coruñés chamado Charlie. Elas son: Yurina Letal, Lily Bianco e Fresy Sweet.
E unha vez máis, sen despeitearse sequera e mantendo o seu natural glamour, enfrontaranse aos maiores perigos físicos e psicolóxicos imaxinables para salvar o mundo.
Acción, suspense, cancións, artes marciais, romance, humor, amor, filosofía oriental, onanismo, protocolo, hipnotismo, e moito máis abordarán as nosas Anxos nesta trepidante aventura.