Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro Buratini: Tic tac, sons dunha nave


Autora: Larraitz Urruzola

Directora: Larraitz Urruzola

Elenco: Larraitz Urruzola, Mirari Urruzola

Público: Infantil

Sinopse: Espectáculo de teatro e ciencia, presentado por dúas actrices que ademais de facer os personaxes principais -Einstein, Mira Neto e Esperanza- manipulan títeres de variña, de luva e outros obxectos. Onde a música e a expresión corporal teñen gran presenza a través das cancións e na recreación dos diferentes ambientes polos que transcorre esta historia. A peza de teatro achéganos ao personaxe de Albert Einstein, na celebración do Ano Internacional da Física na dimensión máis humana da figura científica. A posta en escena e o argumento xiran sobre o valor, a percepción, a escravitude do tempo.
Unha metafóra plástica da teoría da relatividade para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos. A escenografía está inspirada en pezas do artista plástico brasileiro Ernesto Neto, a e banda sonora orixinal, composta pola artista de música contemporánea Merran Laginestra, recolle estilos que nacen da mestizaxe do jazz, blues, improvisación e as tendencias electro-acústicas.
O avó Albert convida os espectadores a pensar sobre a relatividade do tempo mentres viaxamos ao futuro da súa neta Esperanza.

Datas anteriores

27 de decembro
/// 17.30

Auditorio Municipal Lois Tobío
GONDOMAR

17 de novembro

Teatro Municipal Área Panorámica
TUI

19 de outubro
/// 11.00

Casa da Cultura
SILLEDA