Patas Arriba: Islas
Programa Rededanza
Dirección artística: Asun Noales e Arantxa Sagardoy
Coreografía: Henrik Kaalund, Asun Noales, Arantxa Sagardoy e Mario Zambrano
Intérpretes: Geles Alonso, Juan Carlos Verdú, Erick Jiménez, Asun Noales, Yolanda Peña e Arantxa Sagardoy.
Música: J. S. Bach, Gorecki, CocoRosie, Utte Lemper
Público: Adulto
Sinopse: Ítaca regalounos unha fermosa viaxe. Islas é unha travesía por diferentes paisaxes, un percorrido pola auga, auga orixinaria onde nacemos como breves illotes, porcións de terra rodeadas de mares como misterios que nos vencellan e nos manteñen sempre afastados. Non existen pontes para cruzar o mar, tan só recunchos onde fondean as nosas azuis ausencias. Varados coma escollos, abatidos pola corrente, miramos sen cautela, illas descoñecidas, outros seres, outras peles, segredas miradas onde mirarnos reflexados.