Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Experimenta Danza: Meltemi

Programa Rededanza


Dirección e coreografía: Damián Muñoz e Experimenta Danza

Intérpretes: Alexis Fernández, Armando Martén, Blanca Blanco, Carlota Pérez, Katerina Varela

Público: Adulto

Sinopse: Meltemi é un vento frío que se evapora nos Balcáns, que hincha as velas gregas e axita as camisas nas tardes de verán. É un vento de cola de cabalo, que impide que a humidade se asente. É un aire que aboia ata facer visible a textura dunha porta de madeira baixo a pintura; ata facer visibles os poros da pel dun limón, e a enruga do xeo nun vaso, ata facer visible a humidade do fuciño dun can que dorme á sombra dun muro. Teñas a idade que teñas, o Meltemi estírache a pel, alivia a fronte do viaxeiro desesperado, o viaxeiro que non viaxou aínda o suficiente como para ter deixado atrás o seu futuro.
Se abres a boca, o Meltemi refrégate e lávache o cranio; cada pensamento será novo e encheraste dunha fame de claridade, e o tirón de músculos precisos.

Datas anteriores

10 de decembro
/// 20.30

Auditorio Municipal Hernán Naval
RIBADEO

4 de novembro
/// 20.30

Teatro Rosalía de Castro
A CORUÑA

14 de outubro

Auditorio Municipal
CANGAS