Teatro do Noroeste: Imperial, Café Cantante
Autor: Eduardo Alonso
Director: Eduardo Alonso
Elenco: Maxó Barjas, C. Mosquera, Miguel Pernas, Inma Antonio, Luma Gómez, X. Estévez, Xan Casas, Ramón Orencio, Xosé Vilarelle, Brandán Lourenzo
Público: Adulto
Sinopse: Nos convulsos anos 30, cando en Europa emerxen os fascismos: Mussolini en Italia, Hitler en Alemaña ou Salazar en Portugal. Cando en España goberna a Fronte Popular. Cando Galicia debate o seu primeiro Estatuto de Autonomía.
O Imperial, Café Cantante, trata de superar a competencia dos outros dous cafés cantantes de Vigo contratando unha cantante portuguesa especialista en fados: María das Neves. O seu debut congregará no café a flor da noite viguesa. Vigo é, nestes anos, un fervedoiro de estraños personaxes e múltiples actividades. Pero o 14 de xullo dese ano de 1936, acontece en Madrid o secuestro e asasinato do deputado dereitista D. José Calvo Sotelo e, catro días despois, estala a guerra fratricida máis cruenta e sanguinaria da historia de España.